galiciapodecambiarascousasPodemos Galicia, a través da Secretaría do Medio Rural, quere expresar o seu rexeitamento ao Anteproxecto de Lei de Acuicultura de Galicia por consideralo un intento flagrante de privatización das nosas rías, e instamos a introducir mocións en contra da mesma nos plenos dos concellos da nosa costa.

O sector do mar de Galicia é estratéxico na economía local. O emprego directo e indirecto (empresas destinatarias dos nosos produtos, empresas provedoras de servizos e subministracións, actividades auxiliares de apoio, etc.) representa unha parte enorme e vital da economía galega. Únese a isto o valor social que adquire nos municipios costeiros pola capacidade de irradiar beneficios socioeconómicos a amplas capas da poboación, o que o converte nun mecanismo de distribución e reparto de riqueza no entorno local, que incentiva a implantación de actividades e pequenos negocios.

A baixada de cotas pesqueiras, o conflito das embarcacións do Cerco ou as distintas problemáticas relacionadas co marisqueo non son máis que diferentes patas dunha iniciativa central que é a privatización das rías galegas por parte da Consellería do Mar da Xunta de Galicia.

O Anteproxecto de Lei de Acuicultura de Galicia é un texto non consensuado, imposto dende a Administración co fin de implantar un sistema de cultivo industrial de peixe nas rías, aproveitando as súas características e deixando de lado ao sector pesqueiro e marisqueiro.

Para levar a cabo este proxecto é necesario desmantelar ante todo o tecido produtivo tradicional do mar. De aí os problemas que están a sufrir os mariñeiros, mariscadores e mariscadoras.

Queremos destacar que o que aquí se está a producir é un proceso de reconversión do sector do mar tan agresivo como o que se dera hai anos no sector naval. Lembremos os estaleiros e o sufrimento que todo aquelo provocou en moitas familias e démonos conta de que este contexto de crise faino aínda máis preocupante.

O problema medioambiental que suporía a posta en vigor desta Lei non se avaliou. O tipo de industrias que permitiría son altamente contaminantes. Causan a eutrofización das zonas mariñas pola acumulación dos excrementos, do alimento non consumido, dos peixes mortos por confinamento ou enfermidade, etc., depositándose todo isto nos fondos e incrementando a concentración dos nutrientes da auga (nitróxeno e fósforo principalmente) durante a súa descomposición.

graficopodemos

O incremento en nutrientes altera os ciclos naturais dando lugar a un descenso do osíxeno disolto que pode producir a morte de diversas especies que xa viven nestas rías. Esta eutrofización pode incrementar a presenza de dinoflaxelados nas augas, co que aumenta a probabilidade de ter mareas vermellas nas rías, máis das que estamos acostumados, producindo isto as alertas sanitarias conseguintes e a parada produtiva.

Tamén hai que ter en conta o uso de vacinas, antibióticos, fungicidas e bactericidas que se poden propagar na columna de auga, afectando iso ao resto de seres vivos que viven nas nosas augas e tamén aos usuarios das praias, co correspondente efecto no turismo.

Por si estas cousas fosen poucas, esta Lei non especifica se se poden ou non cultivar especies exóticas e incluso invasoras, o que pode producir danos irreversibles ao ecosistema mariño, dado que as especies foráneas poderían reducir e incluso aniquilar as especies naturalizadas das nosas rías.Tampouco parece que exista prohibición á hora de utilizar o espazo da Rede Natura, Parques Naturais, ZEPA, LIC, etc.

Non contentos con causar danos aos galegos e galegas que viven do mar, ás rías directamente, afectando á calidade da auga e á súa biodiversidade, este Anteproxecto de Lei ábrelle as portas completamente ao Tratado de Libre Comercio (TTIP), un escuro e clandestino tratado beneficioso para as multinacionais e prexudicial para a soberanía dos estados da Unión Europea. Por todo o exposto, Podemos Galicia dille NON ao Anteproxecto de Lei de Acuicultura proposto pola Xunta de Galicia.

Non estamos en contra da acuicultura, estamos en contra do modelo neoliberal que quere implantar o Partido Popular (PP), onde se poderá argallar un proxecto de acuicultura simplemente por desenvolvemento económico e xeración de emprego sen ter en conta o desenvolvemento social, as tradicións e xeito de vida e sen ter en conta o respecto polo medio ambiente e o entorno.

Podemos Galicia, preocupado ante esta situación, non só apoiará as mocións e propostas, que neste sentido presenten os nosos Círculos e Consellos Cidadáns Municipais (CCM) das zonas costeiras e agradece as xa introducidas nalgúns concellos, senón que propón a paralización inmediata de dita Lei e a constitución dunha mesa de diálogo entre todos os colectivos do litoral (pesca, marisqueo, turismo, sociedade civil).

Así mesmo pedir a protección para que non se poida instalar a acuicultura en espazos protexidos. Traballar en Bruxelas para declarar Galicia como Zona Dependente da Pesca e protexer os intereses dos nosos traballadores do mar.

Podemos Galicia mantén o seu posicionamento contrario ante calquera tipo de privatización na súa totalidade ou por partes do sector pesqueiro e marisqueiro.

magrama.gob.es, Especies de acuicultura - Pesca -

Categoría: Socios Pladesemapesga

Marcas, OEPM. Oficina Española de Patentes y

Categoría: Socios Pladesemapesga

Mercabarna,

Categoría: Socios Pladesemapesga

  • Se declaran nuevas reservas naturales fluviales en Islas Baleares

    Se declaran nuevas reservas naturales fluviales en Islas Baleares El Consejo Nacional del Agua, en su sesión celebrada ayer en Madrid, ha informado favorablemente al Plan Hidrológico de las Islas Baleares. En dicho plan se incluye la declaración de nueve reservas naturales fluviales. Islas Baleares no contaba hasta ahora con ningún curso de[…]

avisoimpoortantepangasergasxunta ppdegaliciaLa Xunta de Galicia promociona y FINANCIA Panga Presuntamente Contaminado para los Hospitales Públicos de Galicia en clara competencia de los productos pesqueros de las cofradías y mercado gallego.

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..