O presidente do comité organizador do ISGA e catedrático da USC, Paulino Martínez, sinala que este foro serviu de escaparate para o sector en Galicia

 O Simposio Internacional de Xenética en Acuicultura (ISGA) XII, organizado polo el grupo de investigación Acuigen da USC co apoio da Asociación Internacional de Xenética en Acuicultura e Cetmar, vén de pechar en Santiago a súa duodécima edición cun balance repleto de éxitos, tanto no que se refire ao nivel de participación como no que atinxe a intercambio de información e debate científico como a fortalecemento e reforzo de vías de colaboración entre investigadores e empresas.

O presidente do comité organizador da duodécima edición do ISGA, un simposio de xenética en acuicultura con máis tradición e prestixio, o catedrático da USC Paulino Martínez, cualificou de “ éxito total” este foro de referencia internacional, no que uns 250 científicos y expertos, procedentes de preto de medio centenar de países, maioritariamente de Europa, pero tamén de América, Australia, Asia e África, compartiron os últimos resultados de investigación sobre xenética en acuicultura.   Este simposio, que recalou en Santiago logo de que a candidatura presentada polo grupo Acuigen da USC acadara un apoio maioritario na edición celebrada en Alabama en 2012, serviu ademais de escaparate internacional para a acuicultura galega, ademais de contribuír a mellorar e ampliar as colaboracións internacionais dos investigadores e das empresas ligadas ao sector da acuicultura radicadas en Galicia, dixo Martínez, para logo engadir que a próxima edición do ISGA desenvolverase en 2018 na cidade australiana de Townsville.   Respecto das temáticas que cobraron máis peso no contexto dos debates e sesións de traballo desenvolvidas no marco do XII Simposio Internacional de Xenética en Acuicultura, Martínez sinala que as novas tecnoloxías da xenómica: secuenciación de xenoma, mapas xenéticos, marcadores... cobraron unha maior relevancia fronte a outras liñas de investigación máis tradicionais na xenética. O presidente do comité organizador deste foro apuntou tamén neste senso a celebración dun interesante debate sobre a diminución de riscos en aras a avanzar cara a unha acuicultura cada vez máis sostible.   A participación en Santiago de Compostela dos principais expoñentes científicos internacionais do eido da acuicultura, xa a través das conferencias convidadas ou das táboas redondas organizadas no marco do ISGA, denotan, na opinión de Paulino Martínez, o nivel de éxito acadado nesta edición do Simposio Internacional de Xenética en Acuicultura, un foro que serviu ademais para a promoción dos propios grupos de investigación galegos, tales como o Acuigen, das súas firmas biotecnolóxicas e tamén das compañías de acuicultura existentes. As visitas organizadas ao Grove, para coñecer o sistema de produción do mexillón, e tamén a explotacións acuícolas de rodaballo, contribuíron a este labor de divulgación e posta en valor.

magrama.gob.es, Especies de acuicultura - Pesca -

Categoría: Socios Pladesemapesga

Marcas, OEPM. Oficina Española de Patentes y

Categoría: Socios Pladesemapesga

Mercabarna,

Categoría: Socios Pladesemapesga

avisoimpoortantepangasergasxunta ppdegaliciaLa Xunta de Galicia promociona y FINANCIA Panga Presuntamente Contaminado para los Hospitales Públicos de Galicia en clara competencia de los productos pesqueros de las cofradías y mercado gallego.

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..