O diagnóstico histopatolóxico e o manexo das principais enfermidades que afectan aos moluscos bivalvos centra a temática do curso monográfico que comezará este mércores 7 de febreiro, a partir das 8.30 horas, nas instalacións do Laboratorio de Histopatoloxía da Facultade de Veterinaria do Campus Terra da USC.
 


Esta actividade formativa, organizada polo Grupo de Investigación en Anatomía Patolóxica Veterinaria (Gapavet) da USC, coordinado por Maribel Quiroga Berdeal, está estruturada en 20 horas de formación teórica e práctica, que serán impartidas por Antonio Villaba, doutor en Bioloxía pola USC e coordinador dun equipo de investigación no Centro de Investigacións Mariñas, e Susana Darriba, doutora en Ciencias do Mar pola Universidade de Vigo e directora da Unidade de Patoloxía do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar).
 
O obxectivo deste curso teórico-práctico e estruturado en dúas xornadas, en quenda de mañá e tarde, pasa por transferir a profesionais do sector acuícola, fundamentalmente veterinarios, pero tamén a outros profesionais como biólogos ou graduados en Ciencias do Mar, coñecementos básicos sobre a anatomía e histoloxía dos moluscos de interese comercial, o diagnóstico microscópico das súas principais enfermidades (víricas, bacterianas e parasitarias) e as estratexias de loita que levan a cabo para o seu control.
 
Na parte práctica do curso, estruturado en dous créditos ECTS, describiranse protocolos de mostraxe e procesado de mostras, a partir de exemplares de ameixas, berberechos, ostras e mexillóns, realizaranse técnicas de diagnóstico rápido (en concreto, incubación no medio fluído de tioglicolato salino para perkinsosis, pegada de glándula dixestiva para marteiliosis ou citocentrifugación para bonamiosis). Co fin de que os asistentes se familiaricen co diagnóstico histolóxico, as persoas inscritas no curso realizarán o exame microscópico de coleccións de preparacións citolóxicas e histolóxicas.

 

magrama.gob.es, Especies de acuicultura - Pesca -

Categoría: Socios Pladesemapesga

Marcas, OEPM. Oficina Española de Patentes y

Categoría: Socios Pladesemapesga

Mercabarna,

Categoría: Socios Pladesemapesga

avisoimpoortantepangasergasxunta ppdegaliciaLa Xunta de Galicia promociona y FINANCIA Panga Presuntamente Contaminado para los Hospitales Públicos de Galicia en clara competencia de los productos pesqueros de las cofradías y mercado gallego.

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..